Saltar ao contido

Bella Union

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bella Union
Tipoeditora discográfica independente
Data de fundación1997
Fundador(es)Simon Raymonde e Robin Guthrie
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
https://bellaunion.com/
Facebook: bellaunionrecs Twitter: bellaunion Instagram: bella_union MySpace: bellaunion Souncloud: bella-union Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bella Union é un selo discográfico independente fundado por Simon Raymonde e Robin Guthrie de Cocteau Twins en 1997, dirixido na actualidade só por Raymonde.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois de publicar gravacións a través do selo 4AD durante unha gran parte da súa carreira, Cocteau Twins decidiu crear a etiqueta Bella Union no ano 1997, a traves da cal poder editar o seu propio traballo ademais doutras colaboracións. A banda separouse pouco tempo despois, pero o selo continuase adiante con Guthrie e Raymonde ao seu cargo. Unha das primeiras bandas en asinar con Bella Union foi o tró australiano Dirty Three, que continúa traballando coa discográfica. Outros dos seus primeiros artistas son Françoiz Breut e The Czars.

Dende o ano 2000, cando Guthrie mudouse a Francia para concentratrse na súa propia música e Raymonde tomou o control de Bella Union, o selo ten asinado con máis artistas, como Laura Veirs, Lift to Experience ou Explosions in the Sky.

2006 foi un ano memorable para a discográfica, xa que aos traballos de Midlake, The Dears, Howling Bells e Fionn Regan tiveron un éxito considerable.

En 2007 as celebracións polo seu 10º aniversario tiveron actuacións durante dúas noites no Royal Festival Hall, con convidados especiais como Paul Weller ou Tom Smith de Editors. Ese ano Fionn Regan foi nomeado ao Mercury Prize por Mellor álbum.

Nos dous anos seguintes, tras asinar Fleet Foxes co selo, o seu disco de estrea permaneceu nas listas durante 100 semanas consecutivas sendo o álbum independente con máis vendas no ano da súa publicación, e o selo conseguiría o seu primeiro disco de ouro tras alcanzar este traballo as 100.000 copias vendidas no Reino Unido.[1]

Posteriormente Bella Union publicou música de Beach House, Department of Eagles, Lone Wolf, Our Broken Garden, Fleet Foxes, The Acorn, Abe Vigoda, J. Tillman, Peter Broderick, The Kissaway Trail, Pearly Gate Music, John Grant, Lawrence Arabia, The Low Anthem, Hannah Cohen, Laura Veirs and Mountain Man.

A discográfica gañou o premio ao Selo independente do ano nos Music Week Awards, votado polos retallistas independentes británicos, en 2010, 2012 e 2014.[2]

Dende entón Bella Union asinou con artistas como Flaming Lips, PINS, MONEY, Marissa Nadler e Horse Thief.

As súas gravacións son distribuídas en todo o mundo pola distribuidora independente [PIAS].

Artistas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Billboard (ed.). "Fleet Foxes Go Gold In United Kingdom". Consultado o 2 de marzo de 2016. 
  2. Hyperbot (ed.). "Spotify, Bella Union, Virgin EMI, Kobalt, Sony/ATV Among 2014 Music Week Award Winners". Consultado o 2 de marzo de 2016. 
  3. "Chimes & Bells". Bella Union. 2011-12-14. Arquivado dende o orixinal o 22 June 2012. Consultado o 2012-05-27.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  4. "Poor Moon". Bella Union. 2012-01-19. Arquivado dende o orixinal o 20 August 2012. Consultado o 2012-05-27.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  5. "Someday, Buddy - the Trouble with Templeton | Songs, Reviews, Credits | AllMusic". Arquivado dende o orixinal o 9 January 2017. Consultado o 16 January 2017.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]